Enténdese por persoa voluntaria como toda persoa que serve a unha comunidade ou ao medioambiente por decisión propia ou libre e de xeito desinteresado.
Qué tes que facer?
Trámites de voluntariado / Adhesión de Entidades Privadas sen Ánimo de Lucro

Mediante a adhesión a este programa as entidades privadas poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) do Concello de Ourense, para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, saúde, protección civil, medio ambiente, educación, cultura, lecer e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, mocidade, cooperación internacional, defensa e fomento da economía e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).