Embárcate con Nós

>> O Concello de Ourense pon a disposición da cidadanía a Oficina Municipal de Voluntariado,  un espazo no que poder falar de voluntariado, de solidaridade, cooperación, igualdade, integración, movementos sociais... Falamos de transformación, de valores globais contra as desigualdades e de xustiza social.

A través do voluntariado activo podemos cambiar moitas cousas. Cun pensamento global e unha acción local podemos transformar realidades próximas e cotiás. O voluntariado ten o poder de incidir directamente na vida diaria de moitas persoas.